UUAA PIDE A UNHA DA MESA DO VIÑO CENTRADA NO FRAUDE

O carácter social das DO de Ourense pode estar en risco de perderse

A organización Unións Agrarias ven de solicitar á Consellería do Medio Rural, a convocatoria das mesas do viño nas distintas Denominacións de Orixe para analizar a implantación de mecanismos complementarios de control do fraude nas zonas produtoras vitivinícolas galegas.

Neste sentido, resulta especialmente necesario nas DO ourensás polo papel social que supón o mantemento desta actividade económica nun medio rural demograficamente cada vez mais insostible.

Unións Agrarias cree que para acadar unha mecánica de traballo transparente nos CRDO é imprescindible que unha vez rematada a vendima, se certifique unha aprobación de colleita en todas as denominacións de orixe ligando a este dato a posterior expedición de contraetiquetas.

No escrito presentado por UUAA faise mención tamén a necesidade de establecer un estudo de custes de produción de cara a formular un prezo para as uvas por contrato que reparta de xeito equilibrado e xusto os beneficios da actividade vitivinícola en Galicia.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias