Unións Agrarias presentará hoxe no rexistro da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo, un escrito no que denuncia, diante da Consellería de Industria, o abuso escandaloso que Unión Fenosa Distribución, pretende perpetrar co titular dunha explotación de leite do lugar de Caborrecelle, no concello de Portomarín.
Na denuncia preparada polos servizos xurídicos da organización agraria, indícase que a citada compañía eléctrica, trasladoulle un orzamento de 54.000 Euros ao titular da explotación, Julián Rivas Vázquez, por ter solicitado unha pequena mellora da potencia eléctrica, para pode instalar sistema de lavado automático na sala de muxido da explotación.
Despois de analizar os contidos da proposta económica de Fenosa queda as claras que esta pretende cargarlle en exclusiva ó gandeiro o custe de 728 metros de tendido eléctrico e a ampliación do centro de transformación. Desde o sindicato, intentouse que a compañía eléctrica actúase cun mínimo de sentido común ante unha proposta que ademais de profundamente inxusta, resulta completamente descabellada, xa que pretende descargar nun particular a carga da mellora da rede eléctrica que é da súa exclusiva competencia.
Na explotación familiar de Julián Rivas acaba de incorporarse o fillo a través das axudas a incorporación de mozos, co obxectivo de manter a granxa aberta a futuro. Unha realidade que non vai a ser posible ante escandaloso abuso como o que pretende inflixirlles Unión Fenosa Distribución.
Unións Agrarias, agarda que a Xunta de Galicia active os mecanismos de control pertinentes para evitar que ser consume unha fraude e un atentado evidente contra os dereitos dos consumidores.