PERDAS DE MAIS DE 300 HA DE VIÑEDO NO SUR DE OURENSE

A organización Unións Agrarias está a recoller datos do nivel de afectación na horta e sobre todo no viñedo nas denominacións de orixe de Monterrei e Valdeorras, tras as fortes treboadas rexistradas onte nas comarcas do sur de Ourense.

Polos datos que van chegando ás oficinas de UUAA o nivel de perdas poderían chegar, nunha primeira avaliación a mais de 300 Ha no caso de viñedo e a un número tamén alto, pero aínda sen fixar, no caso dos cultivos de horta.

Os principais núcleos afectados son no caso na DO Monterrei, os viñedos situados no propio concello chegando a máis de 100 Ha. En Valdeorras, as zonas con danos mais graves están en zonas de O Bolo, pero tamén polo resto da comarca e non só nas viñas, senón tamén nas hortas.

Desde a organización agraria faise un chamamento para que se tramiten dun xeito áxil e eficiente a valoración de danos para tratar de minimizar ao máximo os efectos sobre as rendas das explotacións. Neste sentido, desde UUAA instase aos produtores que documenten nas oficinas da organización as perdas para poder iniciar os trámites para procurar as compensacións e axudas que alivien a súa situación.

Pendentes dunha avaliación mais concreta, a organización agraria vai a solicitar das administracións, un catálogo de medidas para aliviar estas continxencias, tanto axudas directas como a diminución da carga tributaria dos agricultores afectados e outras como a concesión de créditos preferentes para manter a competitividade da explotación, así como a flexibilización do cumprimento das obrigas de pagamento da Seguridade Social.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias