Unión Agrarias denuncia o “profundo fracaso” que representa o actual modelo de loita contra o xabaril. E insta á Xunta de Galicia a adoptar medidas e a asumir a súa responsabilidade no que afecta ao control dunha poboacion que está a provocar cuantiosos danos.
“A Xunta de Galicia non pode agocharse detrás dos tecores para eludir a súa responsabilidade. A caza social que estes practican pode ser un elemento que axude ao control do xabaril, pero debe ser a Xunta de Galicia quen asuma a responsabilidade ante esta problemática”, afirma o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.
A organización chama a atención sobre o elevado incremento do número de exemplares que se ten dado nos últimos anos; “ata o punto de que hoxe podemos falar dunha praga que ten consecuencias para agricultores, gandeiros e condutores”, indica García. Que lembra os ata tres accidentes diarios que provoca a fauna salvaxe; así como un “risco gravísimo que a poboación de xabaril supón para as granxas de porcino, debido á posible transmisión da peste”
O secretario peral de UUAA adiantou que a organización non dubidará en esixir responsabilidades patrimoniais á Xunta de Galicia se remata por haber casos de peste porcina. Un risco que suporía danos económicos de extremada gravidade.
As problemáticas sobre a praga do xabaril abordanse este mércores en Santiago nunha xuntanza con representantes das comarcas afectadas, cotos de caza, cooperativas, produtores de porcino e ADSs. “Esiximos un cambio de modelo que implique modificacións lexislativas que inclúan actuacións contundentes para reducir o número de exemplares. Lamentamos as mensaxes triunfalistas da Consellería, que ante unha superpoboación alarmante considerada un éxito abater 11 exemplares con arco en Lugo e ter instalada unha das 20 xaulas previstas no conxunto de Galicia. Deste xeito dificilmente se conseguirán solucións”, lamenta Roberto García.
O feito de que sexa necesario cambiar o marco lexislativo, unha cuestión que, segundo a organización, podería estar resulta cara final de ano, non impide que Unións Agrarias reclame cambios inmediatos dentro da actual normativa que permitan cazar durante todo o ano para reducir de forma drástica o numero de exemplares. Ademais, UUAA reclama que a responsabilidades sobre o control recaia “sobre quen ten que recaer: a Xunta de Galicia debe deixar de empregar aos tecores como elemento substitutotiro e como excusa”, apremia a orgaanizsación. Que reclama dotación orzamentaaria suficiente, así como a creación do Fondo de Corresponsabilidaade que contempla a Lei de Caza de 2013, e que aínda non ten sido constituído.
Entre as medidas que a organización ve urxente poñer en marcha figura tamén a indemnización dos danos que están sufrindo agricultores e gandeiros. Uns datos que a Xunta está a cubrir unicamente nun 8%, a través dunha partida orzamentaria de apenas 600.000 euros. “Por iso esixiremos un cambio normativo que permita estas actuacións concretas. Queremos avanzar cara un marco novo realmente eficaz, que axude a controlar a poboación e os riscos de proliferación da peste porcina. De todo elo falaremos este mércores nunha xuntanza cos diversos sectores implicados”, destaca o responsable de Desenvolvemento Rural da organización, Jacobo Feijóo. Que destaca a urxencia de “anticiparnos aos danos exprimindo ao máximo a lexislación vixente mentres seguimos traballando no deseño dunha nova que cubra todas as necesidades”.