Normativa do 9 de setembro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 9 de setembro (170)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Requerimentos de emenda.- Resolución do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 24 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (SI429A).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Plan de ordenación dos recursos naturais.- Decreto 101/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais da Serra da Enciña da Lastra e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

Plan de ordenación dos recursos naturais.- Decreto 102/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Invernadeiro, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro.

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Concesións.- Resolución do 3 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e inadmitidas a trámite ao abeiro da Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Anuncio do 13 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico Serra das Penas (expediente 079-EOL).

Expropiacións.- Anuncio do 14 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do requirimento para a xustificación de solicitude de expropiación total do predio 92 afectado polo expediente de expropiación do parque eólico Serra das Penas (expediente 079-EOL).

Expropiacións.- Anuncio do 28 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2014/196-1, no concello de Dumbría.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Cambio de uso forestal a agrícola.- Anuncio do 26 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 19 de agosto de 2019 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 18 do polígono 43 do termo municipal de Baralla e da parcela 153 do polígono 72 do termo municipal do Corgo.

CONCELLO DE GUITIRIZ

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión da biomasa.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias