UUAA PIDE Á XUNTA QUE PAGUE A PAC AOS PRODUTORES

A partir do 16 de outubro xa se poderían anticipar ata o 70% das axudas

O sindicato Unións Agrarias pide á Consellería do Medio Rural que non reteña as axudas da PAC aos gandeiros e agricultores, como acostuma, xa que o ano pasado non pagou ata o mes de decembro co obxectivo de maquillar os orzamentos.

Logo do anuncio feito polo Ministerio de Agricultura o pasado 7 de setembro relativo ás xestións diante da Comisión Europea para lograr un incremento do adianto da PAC pola forte seca que afecta o país, a Xunta de Galicia non acaba de facer público que estas axudas xa se poderán cobrar a partir do 16 de outubro mediante anticipos que poden chegar desde o 50% ao 70% do total.

Os fondos da Unión Europea para Galicia, so no capítulo de axudas directas, permitirán ás explotacións galegas acceder a preto de 170 millóns de euros.

A libranza destes fondos deber ser áxil para que moitas familias do rural saian adiante. Hai que lembrar que este ano moitas explotacións sufriron grandes perdas na forraxe e nos prados polos ataques de xabaril. Poder dispoñer xa dos ingresos será un balón de osíxeno para as granxas de leite galegas que teñen que sufrir os prezos na cola de todas as rexións produtoras de Europa.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias