DOG 15 de novembro (218)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Expropiacións.- Decreto 143/2019, do 31 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito A Pobra de San Xiao-Sarria centro, puntos quilométricos 13+500–24+000, de clave LU/17/005.01, nos concellos de Sarria e O Páramo.
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
Planeamento municipal.- Decreto 145/2019, do 10 de outubro, polo que se declara ben de interese cultural o castro de Santa María de Cervantes, no lugar do Castro, da parroquia de Santa María do Castro, no termo municipal de Cervantes.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Impacto ambiental.- Anuncio do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación de instalacións de planta de tratamento de biosólidos na Ponte de Outeiro, no concello de Castro de Rei (expediente 2018/0158).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concentración parcelaria.- Anuncio do 24 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Castelaus (Calvos de Randín-Ourense).
Concentración parcelaria.- Anuncio do 25 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de inicio do prazo de emenda e mellora en relación co expediente de concentración parcelaria da zona de Romai (Portas-Pontevedra), en modificación de bases definitivas.
CONCELLO DA VEIGA
Solo.- Anuncio de aprobación definitiva do estudo de detalle para o reaxuste de aliñación e trazado viario na UE-2 na rúa Chao de Curra.
BOP A Coruña 15 de novembro (218)
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Calendario laboral 2020.- Calendario laboral ano 2020 na provincia da Coruña.
CERDIDO
Incendios forestais.- Aprobación do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.
BOP Pontevedra 15 de novembro (220)
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Instalación eléctrica.- Resolución do 6 de novembro de 2019 da Xefatura Territorial de Pontevedra de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que se describe no concello de Agolada (expediente IN407A 2019/127-4).
Calendario laboral 2020.- Calendario laboral ano 2020 na provincia da Pontevedra.
PONTEAREAS
Subvencións.- Subvencións destinadas a colectivos de interes veciñal 2019.