Normativa do 26 de novembro de 2019

Resolución de retirada de dereitos de pagamento básico do ano 2019. Resolucións das solicitudes de axudas relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 6 de febreiro de 2018. Resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2019.

DOUE 26 de novembro

LEGISLACIÓN (L305)

Producción ecolóxica.- Corrección de errores del Reglamento (UE) 2018/848 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 30 de mayo de 2018, sobre producción ecológica y etiquetado de los productos ecológicos y por el que se deroga el Reglamento (CE) nº 834/2007 del Consejo (DO L150 de 14.6.2018).

DOG 26 de novembro (225)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Ampliación prazo.- Orde do 18 de novembro de 2019 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 23 de setembro de 2019 pola que se crea a Rede de Comercios e Mercados no Camiño, se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar a adhesión a ela, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CO300F).

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Requirimento de emenda.- Resolución do 13 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se require a presentación ou a emenda da xustificación da documentación no procedemento da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS306B).

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Violencia de xénero.- Resolución do 15 de novembro de 2019 pola que se convoca o curso monográfico Violencia de xénero na adolescencia.

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Retirada de dereitos de pagamento básico 2019.- Resolución do 12 de novembro de 2019 pola que se notifica a retirada de dereitos de pagamento básico do ano 2019. (Enlace resolución retirada DPBs 2019)

Resolución axudas directas PAC 2018.- Resolución do 12 de novembro de 2019 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola De Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na orde do 6 de febreiro de 2018. (Enlace resolución de axudas directas campaña PAC 2018)

Resolución modificación Sixpac campaña 2019.- Resolución do 12 de novembro de 2019 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2019. (Enlace resolución de alegacións Sixpac 2019)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Acordo do 5 de novembro do 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente-e IN407A 2019/196-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 11 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 3/84 e cinco máis).

Concentración parcelaria.- Anuncio do 11 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificacións de resolucións de modificación das bases definitivas na zona de concentración parcelaria de Baión (Vilanova de Arousa).

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Anuncio do 20 de novembro de 2019, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o procedemento de expropiación forzosa polas obras do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-307, treito Deiro-Ponte da Illa de Arousa, punto quilométrico 0+000-1+650, de clave PO/16/101.06, no concello de Vilanova de Arousa.

CONCELLO DE ARBO

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión de biomasa.

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión de biomasa.

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión de biomasa.

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión de biomasa.

 

BOP A Coruña 26 de novembro (225)

CABANA DE BERGANTIÑOS

Convocatoria.- Bases para a convocatoria pública de subvencións municipais a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade cultural ou deportiva de interese municipal no ano 2019.

MOECHE

Convocatoria.- Bases para a concesión de axudas ás entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades, obras ou servizos durante o ano 2019.

ROIS

Convocatoria.- Bases da convocatoria de subvencións a asociacións culturais, deportivas, veciñais e educativas e para actividades de reinserción social do concello de Rois para o ano 2019.

Desafectación de camiño.- Anuncio de exposición pública de expediente de desafectación de camiño en Liñares, Costa.

 

BOP Lugo 26 de novembro (271)

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO

Instalación eléctrica.- Resolución do 11 de novembro de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2019-59AT). (Páx. 1)

Expropiacións.- Pagamento do prezo xusto pola ocupación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado: “LAT Evacuación Montes de Abella”. (Triacastela) (Páx. 2)

Información pública.- Resolución do 12 de novembro de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada “Penas do Cal” nº 46, situada no termo municipal de A Pastoriza da provincia de Lugo. (Páx. 2)

 

BOP Ourense 26 de novembro (271)

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

Convocatoria.- Bases polas que se regula o réxime de concesión de subvencións destinadas ás entidades culturais do concello do Barco de Valdeorras para o exercicio 2019.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias