NORMATIVA DO 4 DE XUÑO DE 2020

DOG (108): Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21.

DOG 4 de xuño (108)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Convocatoria.- Resolución do do 22 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PR937A). (Extracto)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Caza.- Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Impacto ambiental.- Anuncio do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto para a construción dunha nave e equipamentos técnicos para compostaxe de galiñaza, no concello de Sandiás, Ourense (expediente 2019/0056).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Parque solar.- Resolución do 11 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción do proxecto de ampliación dunha planta solar fotovoltaica en Vilardevós, Ourense (expediente IN408A 2020/1-3).

Eólicos.- Anuncio do 12 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Zas-modificación substancial (repotenciación do parque eólico Zas) (expediente IN661A 2018/2-1).

Eólicos.- Anuncio do 12 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Touriñán III-2 (expediente IN661A 2011/13-4).

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Vivendas núcleos históricos.- Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Mondoñedo e Ribadavia, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias