NORMATIVA DO 15 DE XUÑO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 15 de xuño (116)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Violencia de xénero. Convocatoria.- Resolución do 1 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020. (Extracto)

Código de procedemento.- SI461A

Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 15/07/2020

CONSELLERÍA DE SANIDADE

Medidas de Prevención Necesarias. COVID-19.- Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Plan básico autonómico.- Resolución do do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a actualización do Plan básico autonómico de Galicia.

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Plan estatal vivenda. Ampliación orzamento.- Resolución do 8 de xuño de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, para o ano 2020.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución do 25 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Láncara (expediente IN407A 2020/02 AT).

Afección predios.- Anuncio do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de tres predios por unha instalación eléctrica prevista no concello da Estrada.

Afección predios.- Anuncio do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de tres predios por unha instalación eléctrica prevista no concello de Nigrán.

Afección predios.- Anuncio do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dous predios por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal da Estrada.

Afección predios.- Anuncio do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de catro predios por unha instalación eléctrica prevista no concello de Mos.

Expropiacións.- Anuncio do 3 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2018/15-1).

DOG 15 de xuño (116-bis)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

Impostos Galicia.- Orde do 15 de xuño de 2020 pola que se adoptan medidas excepcionais e temporais relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e ao pagamento de determinados impostos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

 

BOP A Coruña 15 de xuño (87)

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA Y NAVEGACIÓN. SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria.- Convocatoria de Ayudas TICCámaras 2020 para la Transformación Digital de Pymes. (Ata o 15 de xullo de 2020 ou fin de orzamento)

 

BOP Lugo 15 de xuño (136)

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA. SERVIZO DO PATRIMONIO NATURAL. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO

Fusión Tecor.- A Sociedade de Cazadores San Verísimo, con CIF G27266543, representada por Manuel Pérez Gómez, con DNI *****637E, solicita a fusión dos tecores Brañas LU-10097 e O Acebal LU-10226.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias