DOG 21 de agosto (169)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Ampliación de orzamento.- Resolución do 12 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 17 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2020 (código de procedemento SI429A).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ampliación dos prazos.- Orde do 17 de agosto de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT814A).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación avícola ata 22020 pavos de ceba na parroquia de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín, Lugo (expediente 2019/0106).
GANDEIRAS DE VEA, S. COOP. GALEGA
Anuncio.- Anuncio de disolución da cooperativa e nomeamento de liquidadoras.
BOP A Coruña 21 de agosto (135)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOIO0A: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2020
BOP Pontevedra 21 de agosto (161)
ADIF
Información pública.- Proxecto de construción de rehabilitación de trincheiras liña Monforte de Lemos-Bif. Chapela. PP.KK. 51/030-51/130, 68/100-68/300 L/ Guillarei-Valença do Minho PP.KK. 4/172-4/703. (Ourense, Ribadavia e Tui)
Extracto.- das bases reguladoras do programa de apoio ao financiamento de autónomos e pemes do concello de Lalín.