DOGA 21 DE DECEMBRO (255)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Expropiacións.- Decreto 221/2020, do 3 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada AC-552, puntos quilométricos 2+100 a 3+000, de clave AC/17/138.06, no concello de Arteixo.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Reestructuración e reconconversión da viña.- Orde do 17 de decembro de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria e se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2020, e se modifican as bases reguladoras das convocatorias de 2018 e de 2019 (código de procedemento MR446A).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Expropiacións.- Acordo do 26 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2020/89-1).
Instalacións.- Resolución do 21 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente 2020/13 AT).
Instalacións.- Resolución do 26 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2020/56 AT).
Instalacións.- Resolución do 26 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Brollón (expediente IN407A 2020/55 AT).
Proxecto parque eólico.- Resolución do 11 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de decembro de 2020, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico Monte Tourado como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.
Proxecto parque eólico.- Resolución do 11 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de decembro de 2020, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico Alto da Croa II como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Expropiacións.- Resolución do 11 de decembro de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago, ámbito Camiño Portugués-Conxo, AC/17/012.10.4, para creación de pantalla vexetal.
BOP A Coruña 21 DE DECEMBRO (218)
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Acordo do 14 de decembro do 2020 da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente-e.: IN407A 2019/216-1).
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Aprobación das bases do Programa FOIE/2021.-Resolución pola que se dispón avogar a aprobación das bases do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2021 e aprobar as ditas bases.
PEL-Reactiva.- Resolución n.º 2020/41312, de data 16 de decembro de 2020, pola que se aproba a ampliación do prazo de revisión e concesión das solicitudes recibidas polos concellos adheridos ao Fondo de Financiamento PEL-Reactiva.