II Plan de rescate.- Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
Código de procedemento: Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A). Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B)
Obxecto:Programa I. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas, para faceren fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. Programa II. Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %. Prazo de presentación:Un mes, ata o 18 de marzo. Beneficiarios:Programa I, Ver Orde. Programa II, ver Orde |