NORMATIVA DO DIA 17 DE AGOSTO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE 17 DE AGOSTO

LEGISLACIÓN (L294)

Peste Porcina Africana.- Reglamento de ejecución (UE) 2021/1371 de la Comisión de 16 de agosto de 2021 que modifica el anexo I del Reglamento de Ejecución (UE) 2021/605, por el que se establecen medidas especiales de control de la peste porcina africana

 

DOGA 17 DE AGOSTO (157)

II. AUTORIDADES E PERSOAL

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Cesamentos.- Decreto 119/2021, do 9 de agosto, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

Nomeamentos.- Decreto 120/2021, do 9 de agosto, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 30 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sober (expediente 2020/21 AT).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURA

Concesións.- Anuncio do 19 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 28 de xaneiro de 2021).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Banco de Terras.- Anuncio do 2 de agosto de 2021 polo que se notifica a proposta e as resolucións relativas ao procedemento de cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Resolución do 22 de xuño de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito A MoureiraPalmás, puntos quilométricos 29+450-30+900, de clave PO/16/268.06, no concello de Moaña.

Expropiacións.- Resolución do 28 de xuño de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-313, treito Pardevila-Cadro, puntos quilométricos 3+300-4+130, de clave PO/17/057.06, no concello de Marín.

 

BOP Lugo 17 DE AGOSTO (158)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 28 de xullo de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sober (exp. 2020/3 AT)

 

BOP Pontevedra 17 DE AGOSTO (157)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución do 4 de agosto de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto Senda e reparación de beirarrúas na PO-549, de clave PO/19/126.06, nos concellos de Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias