UNIÓNS INSTA Á XUNTA A ANALIZAR A CAUSA DO MAL QUE AMEAZA A COLLEITA DE CASTAÑA DA PROVINCIA DE OURENSE

Máis do 70% desta produción, fundamental para a economía das zonas de montaña, podería perderse

Santiago, 18 de outubro de 2021.– Unións Agrarias insta á Xunta de Galicia a actuar canto antes ante a incerta situación que enfrontan os produtores de castaña da provincia de Ourense. A organización agraria apela ao sentido da responsabilidade da administración autonómica e solicita o desprazamento inmediato de técnicos que analicen a situación sobre o terreo e propoñan posibles solucións ao mal que ameaza con botar a perder máis do 70% da colleita.

Dende hai algunhas semanas os castiñeiros de Viana do Bolo, A Gudiña e A Mezquita e Vilariño de Conso locen dunha cor marrón que está a provocar a perda das castañas. Problema similar ao detectado en Valdeorras, onde os produtores ollan con fonda preocupación a unha campaña que ameaza con saldarse cuns resultados catastróficos.

En ausencia de certezas sobre a causa detrás do mal estado dos castiñeiros, xeralizado en todas as zonas produtoras da montaña ourensá, Unións Agrarias pídelle á Xunta que dea un paso adiante e impulse sen demora unha análise que permita obter un diagnóstico claro do problema e activar posibles tratamentos.

A produción de castañas é unha actividade fundamental para a economía da montaña ourensá; pois os ingresos que xera repercuten directamente noutros sectores e son vitais para a dinamización socioeconómica desas zonas. Adeamais de constituír un complemento indispensable para as rendas das pequenas explotacións gandeiras; cuxa rendabilidade se verá seriamente afectada no caso de confirmarse os malos resultados previstos para a próxima colleita.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias