CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).(Extracto)
Código de procedemento: MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D
Obxecto: Regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2022, os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. Prazo de presentación: O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2022, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o 30 de abril, ambos incluídos Beneficiarios: Os pagamentos directos e as axudas de desenvolvemento rural recollidas esta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria. O requisito da actividade agraria tamén será exixible ás persoas solicitantes das axudas de agroambiente e clima. |