NORMATIVA DO DIA 22 DE ABRIL DE 2022

Axudas da Deputación da Coruña para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte.

DOUE 22 DE ABRIL

LEGISLACIÓN (L121)

REGLAMENTOS

Carne.- Reglamento de Ejecución (UE) 2022/663 de la Comisión de 21 abril de 2022 por el que se modifica el Reglamento de Ejecución (UE) 2020/761 en lo que respecta al volumen del contingente arancelario de carne de vacuno de calidad superior originaria de Paraguay.

 

BOE 22 DE ABRIL (96)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE POLÍTICA TERRITORIAL

Parque eólico.- Anuncio del Área de Industria y Energía de la Delegación del Gobierno en Galicia por el que se somete a información pública el estudio de impacto ambiental y la solicitud de autorización administrativa previa del Parque eólico Levante de 106,4 MW y su infraestructura de evacuación, en la provincia de Lugo. (Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira y Pol)

 

DOG 22 DE ABRIL (77)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ATRIGA.- Orde do 12 de abril de 2022 pola que se regula o pagamento, mediante transferencia bancaria e xiro postal, de débedas cuxa xestión recadatoria ten encomendada a Axencia Tributaria de Galicia.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Esgotamento de crédito.- Resolución do 11 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 14 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 141, do 26 de xullo).

Concesións.- Resolución do 11 de abril de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 23 de decembro de 2021 (código de procedemento SI427A).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

SEAGA.- Resolución do 6 de abril de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se ordena a publicación da modificación dos estatutos da sociedade mercantil pública autonómica Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), autorizada por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de setembro de 2021.

FEDER.- Resolución do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, pola que se somete a información pública a versión preliminar do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 e o estudo ambiental estratéxico do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación de matadoiro, mediante planta de biogás máis sistema combinado de DAF e humidais, no concello de Silleda (Pontevedra) (expediente 2021/0084).

 

BOP A Coruña 22 DE ABRIL (76)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Convocatoria.- Bases reguladoras do Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte. Concesión por orde de presentación da solicitude completa. O prazo abre o xoves 28/04/2022 ás 9h. (Tramitación telemática a través da subtel. Contía de 3.000€ para quen se comprometa a realiza un gasto por un importe superior a 3.000,00€, sen ter en conta o IVE deducible, no período comprendido entre o 01/01/2022 ao 30/06/2022, na compra de combustible, pensos, cereais, forraxes e enerxía eléctrica. Minimis)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias