NORMATIVA DO DÍA 7 DE XULLO DE 2022

Préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino.

DOUE 6 DE XULLO

LEGISLACIÓN (L179)

REGLAMENTOS

PAC.- Reglamento de Ejecución (UE) 2022/1161 de la Comisión de 5 de julio de 2022 por el que se establecen los límites máximos presupuestarios aplicables en 2022 a determinados regímenes de ayuda directa previstos en el Reglamento (UE) n.o 1307/2013 del Parlamento Europeo y del Consejo.

DOG 7 DE XULLO (129)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 23 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e con subsidiación dos tipos de xuro (código de procedemento MR553D). (Extracto)

FOGGA

Corrección de erros.- Resolución do 17 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento MR265B e MR265C).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalación eléctrica.- Resolución do 11 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría, promovida por AV Paxareiras, S.L.U. (expediente IN408A 2020/179).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Parque eólico.- Anuncio do 17 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 220 kV desde o parque eólico Campelo ata a subestación Mesón, nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (expediente 2018/0089).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 15 de xuño de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Formigueiro, Piñeiral, Os Terrós e Lama Vella, a favor dos/das veciños/as de Quintela, na parroquia de Canedo, no concello de Ourense.

 

BOP A Coruña 7 DE XULLO (128)

MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD Y AGENDA URBANA

Levantamiento de actas.- Anuncio información pública levantamiento actas “Autovía Lugo-Santiago (A-54). Tramo: Enlace Melide (Sur)-Enlace Arzúa (Oeste).”. Proyecto Modificado Nº1. Clave: 12-LC-7380. Términos municipales: Arzúa, Melide y Santiso“.

MESÍA

Natalidade.- Extracto do decreto de alcaldía núm. 229/2022 polo que se convocan axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2022.

BOP Ourense 7 DE XULLO (154)

CONCELLO DE TOÉN

Exposición pública.- do proxecto técnico denominado “mellora de acceso a explotacións agrarias en Toén” (Páx. 42)

Exposición pública.- do proxecto técnico “mellora do acceso a parcelas agrícolas no Pazo” (Páx. 42)

CONCELLO DE VEREA

Incendios.- Exposición pública do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Verea.” (Páx. 42)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias