O 21 de novembro reunímonos en Santiago de Compostela para celebrar o Comité Nacional galego de Unións Agrarias. Unha xornada para analizar o traballo feito nos últimos meses, poñer sobre a mesa ideas e puntos de vista e trazar a folla de ruta que nos permita seguir avanzando e traballando polo ben dos nosos agricultores e gandeiros.