NORMATIVA DE 28 DE OUTUBRO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais

DOUE 28 de outubro

LEGISLACIÓN (L358)

Peste Porcina Africana.- Decisión de ejecución (UE) 2020/1568 de la Comisión de 27 de octubre de 2020 por la que se modifica el anexo de la Decisión de Ejecución 2014/709/UE, sobre medidas de control zoosanitarias relativas a la peste porcina africana en determinados Estados miembros [notificada con el número C(2020) 7547].

COMUNICACIONES (C363)

Energías renovables.- Resolución legislativa del Parlamento Europeo, de 13 de noviembre de 2018, sobre la propuesta de Directiva del Parlamento Europeo y del Consejo relativa al fomento del uso de energía procedente de fuentes renovables (refundición) (COM(2016)0767 — C8-0500/2016 — 2016/0382(COD)).

DOGA 28 de outubro (217)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesión.- Resolución do 13 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Defensa do Monte, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencóns para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B) (Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro de 2020).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións eléctricas.- Resolución do 6 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Tui e Tomiño (expediente IN407A 2020/165-4).

Expropiacións.- Anuncio do 15 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados o arquivo do expediente de expropiación de predios do parque eólico de Neda (expediente LU-11/124-EOL).

 

BOP A Coruña 28 de outubro (181)

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Instalacións eléctricas.- Resolución do 23 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente-e.: IN407A 2019/224-1).

 

BOP Pontevedra 28 de outubro (208)

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

Instalacións eléctricas.- Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 KV de SET CIRA a SET SILLEDA, no concello de SILLEDA, do que resulta como beneficiaria a empresa Hidroeléctrica de Silleda, S.L., (expediente IN407A 2015/085-4).

Instalacións eléctricas.- Resolución do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2020/113-4).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias