NORMATIVA DO DIA 5 DE XANEIRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOGA 5 DE XANEIRO (2)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE+

Resolución.- Resolución do 23 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións ao abeiro da Resolución do 28 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) para o ano 2020 (código de procedemento SI452A).

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Actuacións automatizadas.- Resolución do 18 de decembro de 2020, conxunta da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se declaran actuacións administrativas automatizadas.

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Resolución axudas ovino e cabrún.- Resolución do 21 de decembro de 2020 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos reguladas na Orde do 6 de agosto de 2020.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Acordo do 7 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente-e IN407A 2020/181-1).

Instalacións.- Resolución do 7 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica situada no termo municipal de Valdoviño (expediente IN407A 2019/104-1).

Instalacións.- Resolución do 7 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente-e IN407A 2020/111-1).

Parques eólicos.- Anuncio do 15 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varios interesados a Resolución do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se concede a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Monte Tourado, situado no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U. (expediente IN661A 2010/5-1).

Parques eólicos.- Anuncio do 15 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varios interesados a Resolución do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Alto da Croa II, situado nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña) e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U. (expediente IN661A 2010/4-1).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Revisión autorización ambiental.- Anuncio do 9 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada á Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.L. para unha explotación porcina de recría nos Chaos-Valilongo, no concello de Montederramo (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-80).

Revisión autorización ambiental.- Anuncio do 9 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativas Orensanas, S.C.G., para unha explotación de porcas reprodutoras chamada Toubes-Gulfar, no concello da Peroxa (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-101).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 15 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Arantón Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña), para seren notificados por comparecencia dunha resolución do recurso de alzada contra as bases definitivas.

CMVMC.- Anuncio do 15 de decembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común do Viso e de Ventosela, no concello de Redondela (Pontevedra), respecto da estrema común dos seus montes.

 

BOP A Coruña 5 DE XANEIRO (2)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA

Axudas PEL RELEVO.- Bases reguladoras de las ayudas del proyecto PEL RELEVO (cp 2019.3.81000.3) para el fomento de la contratación de la juventud de la provincia de A Coruña y dirigidas a afrontar el reto demográfico en los municipios de menor población, en el marco del programa operativo de empleo juvenil del Fondo Social Europeo (Ayudas EMP-POEJ), por las que se regulan las subvenciones a las empresas para la contratación de personas jóvenes inscritas en el Sistema Nacional de Garantía Juvenil.

Axudas PEL RURINNOVA.- Bases reguladoras de las ayudas del proyecto PEL RURINNOVA (CP 2019.3.81000.2) para el fomento del emprendemiento entre la juventud de la

provincia de A Coruña y dirgidas a afrontar el reto demográfico en los municipios de menor población, en el marco del programa operativo de emprego juvenil del Fondo Social Europeo (EMP-POEJ), por las que se regulan las ayudas al emprendimento individual de personas jóvenes inscritas en elsistema nacional de garantía juvenil.

 

BOP Pontevedra 5 DE XANEIRO (2)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Calendario laboral 2021.- Corrección erros do calendario laboral 2021.

CONCELLO DE NIGRAN

Axudas hostalería e taxi pola COVID-19.- Bases especificas que regirán la concesión de subvenciones dirigidas a ayudar a los sectores de la hostelería y del taxi, ante los efectos económicos de la Covid-19.

Código de procedemento: BDNS(Identif.):542290

Obxeto: Paliar en parte a pérdida de ingresos del sector de hostelería y del taxi, derivada de una menor actividad durante la pandemia

Prazo de presentación: 30 días hábiles contados a partir del día siguiente de la publicación. Ata o 17 de febrero.

Beneficiarios: Empresas del sector de la hostelería, trabajadores/as por cuenta ajena con contrato laboral activo en el sector de la hostelería e taxistas con licencia municipal y domicilio fiscal del vehículo en el Ayuntamiento de Nigrán

 

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias