NORMATIVA DO DIA 28 DE MARZO DE 2022

Publicación das bases reguladoras dos programas PEL Pemes (Creación e ampliación e mantemento 2022) e PEL Pemes (autónomos)

DOUE28 DE MARZO

LEGISLACIÓN (L100)

REGLAMENTOS

Peste porcina.- Reglamento de ejecución (UE) 2022/491 de la Comisión de 25 de marzo de 2022 que modifica el anexo I del Reglamento de Ejecución (UE) 2021/605, por el que se establecen medidas especiales de control de la peste porcina africana.

DOG 25 DE MARZO (59-bis)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

Covid-19.-Orde do 23 de marzo de 2022 pola que se prorrogan a Orde do 16 de novembro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire aos centros hospitalarios, e a Orde do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos, no que se refire aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade.

Covid-19.- Orde do 23 de marzo de 2022 pola que se prorrogan a Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia; a Orde do 14 de setembro de 2021, pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

DOG 28 DE MARZO (60)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Impulso demográfico de Galicia.- Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se convoca o webinario titulado A Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria.- Resolución do 14 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534C). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Parque eólico.- Acordo do 15 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte Redondo, no concello de Vimianzo (A Coruña) (expediente IN408A 2020/29).

Instalacións.- Resolución do 4 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2021/306-4).

Instalacións.- Resolución do 4 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2021/281-4).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM-Portas.- Resolución do 10 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4038/2022, interposto contra a Orde do 10 de maio de 2021, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Portas (Pontevedra).

 

BOP A Coruña 28 DE MARZO (59)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Acordo do 21 de marzo de 2022, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, dunha instalación eléctrica en Boiro (IN407A 2021/212-1)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

PEL-Emprende investimento 2022.- Bases reguladoras das axudas destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-Emprende investimento 2022)

PEL-Pemes creación e ampliación 2022.- Bases reguladoras das axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (PEL-Pemes creación e ampliación 2022)

PEL-Pemes mantemento 2022.- Bases reguladoras das axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (PEL-Pemes mantemento 2022)

PEL-autónomos/as 2022.- Bases reguladoras das axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (PEL-autónomos/as 2022)

 

BOP Ourense 28 DE MARZO (71)

Expropiacións.- Resolución del Servicio Provincial de Ourense, por la que se señala fecha para el levantamiento de actas previas a la ocupación y para la formalización de las actas de ocupación de los bienes y derechos afectados por el Proyecto de Construcción del Fomento de la Movilidad Sostenible, senda en la OU-105, tramo A Ponte Sevilla (punto kilométrico 0+000-0+850), en la OU-536, tramo Rabaza (punto kilométrico 0+790-2+320) y en la avenida de Ponferrada (punto kilométrico 0+000-1+140), de clave: OU/16/271.06, en el ayuntamiento de Ourense [467/2022]. (Páx.2)

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias