NORMATIVA DO DIA 05 DE ABRIL DE 2022

Publicación da convocatoria de: PEL PEMES Creación e ampliación 2022; PEL PEMES Mantenimiento 2022; PEL AUTONOMOS 2022; PEL EMPRENDE Inversión 2022

DOG 5 DE ABRIL (66)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM.- Orde do 18 de marzo de 2022 de aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Mesía.

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Convocatoria.- Resolución do 23 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2022-2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).(Extracto)

Convocatoria.- Resolución do 1 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría, artístico-recreativas e outros servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2022 (código de procedemento IN417Z).(Extracto)

V. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Acordo do 15 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2022/16-3).

Instalacións.- Acordo do 15 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2022/15-3).

Parque eólico.- Resolución do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, emprazado nos concellos da Cañiza e Covelo da provincia de Pontevedra (IN661A 2011/3-4).

Instalacións.- Resolución do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2022/62-4).

Instalacións.- Resolución do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2022/61-4).

Instalacións.- Resolución do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Forcarei (expediente IN407A 2022/58-4).

Instalacións.- Resolución do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2021/253-1).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Parque eólico.- Anuncio do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de infraestruturas de evacuación á SET Portodemouros 220 kV (LAT 132 kV SET PE Orrea-SET PE Mesada e tramo de interconexión a 220 kV coa LAT 220 kV Monte Carrio-SET Portodemouros), nos concellos de Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra) (clave do expediente 2021/0048).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.- Anuncio do 18 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de parcelas do monte Covelo, de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Covelo, do concello da Lama.

 

BOP A Coruña 5 DE ABRIL (65)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas.- Extracto de la Resolución número 2022 / 15537, de 29 de marzo de 2022, de la Presidencia de la Diputación de A Coruña, por la que se aprueba la convocatoria de la línea de Ayudas a la contratación para la creación y ampliación del cuadro de personal de pequeñas, medianas empresas y microempresas (Línea 3.1. PEL-Pemes Creación y Ampliación 2022).

Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas.- Extracto de la Resolución 2022 / 15539, de 29 de marzo de 2022, de la Presidencia de la Diputación de A Coruña, por la que se aprueba la convocatoria de las línea de Ayudas al mantenimiento del cuadro de personal de pequeñas, medianas empresas y microempresas (PEL- PEMES MANTENIMIENTO 2022)

Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas.- Extracto de la Resolución número 2022/15538 de 29 de marzo, de la Presidencia de la Diputación de A Coruña, por la que se aprueba la convocatoria de la línea (PEL- AUTÓNOMOS de 2022)

Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas.- Extracto de la Resolución número 2022/15540, de 29 de marzo de 2022, de la Presidencia de la Diputación de A Coruña, por la que se aprueba la convocatoria de la línea de ayudas a la consolidación y al fortalecimiento del tejido empresarial a través del apoyo a la inversión en bienes inventariables (Línea 2.1. PEL Emprende Inversión 2022).

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias