NORMATIVA DO DÍA 10 DE XANEIRO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 10 DE XANEIRO (6)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Violencia de xénero.- Resolución do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva das axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento SI460A). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Oficinas agrarias comarcais e oficina agraria móbil.- Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de agosto de 2022 polo que se aproba o acordo sobre as condicións de traballo de determinadas prazas adscritas ás xefaturas territoriais desta consellería.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias