NORMATIVA DO DÍA 11 DE ABRIL DE 2023

Programa de avais para a mocidade menor de 36 anos que adquira a súa primeira vivenda.

BOE  11 DE ABRIL (86)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD Y AGENDA URBANA

Información pública.- Anuncio de la Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia de información pública y convocatoria para el levantamiento de actas previas a la ocupación de bienes y derechos afectados de las fincas afectadas por la aprobación técnica de la modificación Nº1 de la obra “Conexión entre las carreteras N-120 y N-536. Tramo: Sobradelo – O Barco de Valdeorras. Provincia de Ourense. Clave: 23-OR-4970”. Término Municipal: O Barco de Valdeorras.

DOG  11 DE ABRIL (69)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Solo.- Resolución do 28 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da delimitación do solo do núcleo rural da Granda, parroquia de Mor, no concello de Alfoz (Lugo).

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Avais para a mocidade.- Resolución do 5 de abril de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de avais para a mocidade, se dá publicidade ao convenio que asinarán este instituto e as entidades financeiras para a concesión destes avais e se procede á convocatoria do programa para o ano 2023 (código de procedemento VI402B).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Información pública.- Anuncio do 13 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada para a planta de produción de pensos en Margaride de Nutrimentos Deza, S.A., no concello de Silleda, provincia de Pontevedra (expediente 2020-IPPC-M-31).

BOP A Coruña  11 DE ABRIL (68)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Extracto.- da Resolución núm. 2023/13417, do 31 de marzo, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria do “Programa DP0031, de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o exercicio 2023”.

Extracto.- da Resolución núm. 2023/13418, do 31 de marzo, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria do “Programa DP0036, de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de investimento no ámbito do medio ambiente durante o exercicio 2023”.

Concurso.- Aprobación das bases do I Concurso de microvídeos “De fronte á violencia de xénero”, 2022.

Modificación das bases reguladoras.- Resolución de Presidencia número 2023/14353, do 10 de abril de 2023, pola que se aproba a modificación das bases reguladoras do Programa DP0031/2023  de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o ano 2023.

Modificación das bases reguladoras.- Resolución de Presidencia número 2023/14354, do 10 de abril de 2023, pola que se aproba a modificación das bases reguladoras do Programa DP0036/2023 de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o ano 2023.

OROSO

Natalidade.- Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da concesión de axudas para o fomento da natalidade.

BOP Lugo  11 DE ABRIL (82)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE,TERRITORIO E VIVENDA

Información pública.- Anuncio, do 31 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete ao trámite de información pública o Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2023-2030.

BOP Pontevedra  11 DE ABRIL (69)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Exposición pública.- do expediente de transmisión da titularidade da finca de Lourizán, propiedade da Deputación de Pontevedra, a favor da Xunta de Galicia.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias