NORMATIVA DO DÍA 9 DE MAIO DE 2023

Subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición de bens informáticos e medios técnicos.

DOG  9 DE MAIO (88)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Polígono agroforestal.- Decreto 38/2023, do 20 de abril, polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de iniciativa pública da Graña de Seoane, no concello de Montederramo (Ourense).

Polígono agroforestal.- Decreto 39/2023, do 20 de abril, polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de iniciativa pública de Freixido, no concello de Larouco (Ourense).

Polígono agroforestal.- Decreto 40/2023, do 20 de abril, polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de iniciativa pública de Ver, no concello de Bóveda (Lugo).

Convocatoria.- Orde do 26 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321B). (Extracto).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Instalacións eléctricas.- Resolución do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Dozón (expediente IN407A 2023/169-4).

BOP Lugo  9 DE MAIO (105)

CHANTADA

Solo.- Aprobación definitiva da modificación Puntual N.º 8 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Chantada.

BOP Ourense  9 DE MAIO (105)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Incendios.- Exposición pública do expediente “Interlumes. Defensa contra incendios forestais na fronteira Hispano Lusa”, no concello de Muíños. (Páx. 34)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias